RCD / NOVAS

Principio de acordo para a renovación de Héctor

O Real Club Deportivo alcanzou hoxe un principio de acordo para a renovación do contrato do polivalente defensa Héctor, que expiraba en xuño de 2005. A esta conclusión chegouse tras as conversacións mantidas entre o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e o axente do bo futbolista andaluz, Francisco Sánchez Sabater.

10/11/2004 20:11

Este principio de acordo para prolongar o contrato de Héctor plasmarase por escrito nos próximos días.

Héctor Berenguel chegou ao Deportivo na tempada 2001-2002 procedente do Sevilla. Chegou en principio de lateral dereito, como recambio de Manuel Pablo. Entre Liga, Copa do Rei e Liga de Campións disputou 141 partidos coa camiseta deportivista, 81 como titular e 60 saíndo desde o banco. Marcou un tanto, o que lle fixo á AEK de Atenas na Fase de Grupo da liga de Campións celebrada a pasada tempada. Ademais, recibiu 13 cartolinas amarelas e 2 vermellas.

Esta tempada, Héctor participou en oito encontros de Liga, aínda que nun só foi titular; e tres de Liga de Campións. En Copa disputou o noventa minutos do partido que o Deportivo xogou en Cerceda, na primeira rolda do torneo do k.ou.

Máis novas de: HÉCTOR

RCD / Noticias Relacionadas

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

07/12/2004 13:39 |

Héctor:
"Quero gañar pola nosa afección"

O lateral andaluz Héctor perfílase como titular na banda dereita do Deportivo. El quere "gañar ao Mónaco pola nosa afección" e, así mesmo, indicou que de non ser o Dépor, "dáme igual quen pase á seguinte fase". Respecto dos fallos que o equipo está a ter en defensa, Héctor di que "o que xoga decídeo o adestrador e eu non son quen de dicir se debo de xogar ou non".

18/11/2004 20:22 |

Héctor renovou o seu contrato dúas tempadas máis

Héctor Berenguel pasouse hoxe pola tarde para selar a súa continuidade dúas tempadas máis -ata xuño de 2007- no Deportivo. Este "segredo a voces", tal e como o cualificou Augusto César Lendoiro, "debeuse sobre todo á boa vontade e o bo facer tanto de Héctor como do seu axente, Sánchez Sabater". O Presidente deportivista agradeceu o traballo de Héctor desde a súa chegada ao club procedente do Sevilla e sobre todo "non crear problemas nos momentos duros".