RCD / NOVAS

Quique González, novo xogador do Dépor 2018-2019

20/07/2018 13:00

Enrique González Casín (Valladolid, 16 de maio de 1990) é, desde hoxe, novo xogador do Real Club Deportivo para as próximas 4 temporadas procedente do Club Atlético Osasuna.

O dianteiro valisoletano Quique González iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do equipo da súa cidade, o Real Valladolid, antes de defender as elásticas de UD Logroñés, CD Guadalajara, UD Almería, Real Racing Club e CA Osasuna.

Nos seus case 150 partidos en LaLiga 1|2|3 anotou 39 goles e servido 15 asistencias.

Máis novas de: QUIQUE GONZÁLEZ