RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quique: "Hai que manter a calma, ter fe e ilusión no que estamos a facer"

Quique González foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro valisoletano, após recibir a alta médica, afirmou sentirse "ben. Adestrei co grupo 2 días pero levo unhas cantas sesións traballando só a moi bo nivel. Xogar máis ou menos é Natxo o que decide. Estou preparado para o que toque, primeiro ir convocado, se é que vas e se toca xogar, Quique vai tentar axudar e a tentar sumar".

Con ampla experiencia na categoría, chama á tranquilidade: "Se na xornada 5 pómonos nerviosos, fíxate o que queda. A todo o mundo gústalle empezar gañando pero é agora cando hai que manter a calma. Isto é moi longo, moi igualado, moi complicado. Por estar agora arriba, ninguén che di que vas estar a final de temporada arriba. Hai que manter a calma, ter fe e ilusión no que estamos a facer; e traballar da mellor maneira. Sabemos que o que adestramos a diario, o noso fútbol, é o que nos vai a levar a estar aí arriba. Tendo esa fe no que fas, antes ou despois van chegar as cousas".

Móstrase encantado coa súa adaptación ao Dépor: "Desde que cheguei, desde o primeiro día, coa xente, compañeiros, o que é todo o Deportivo é moi fácil para un que vén de fóra. Todo iso fai que gañes confianza antes, adáptaste antes, sólteste antes. Cando estás a gusto nun sitio é fácil render. O máis importante é estar a gusto e ser feliz".

Por este motivo, asegura que "o que quero é devolver esa ilusión, esas ganas co meu fútbol, con goles, que ao final é para o que vin".

Ansioso por debutar en ABANCA-RIAZOR, conta do estadio que "partindo que estiven co Almería en Primeira División, o outro día cando entrei por primeira vez parece por dentro outro estadio totalmente diferente. Ademais gañamos 0-1 no minuto 90, pareceume espectacular o campo, o ambiente que había. Son cousas que che quedan na cabeza. O outro día tocoume velo desde fóra. Con moitas ganas de que se acabe a obra, de gozar do ambiente e de poder xogar".

Ante o primeiro do tres partidos case consecutivos en casa, quere centrarse no Granada, este luns 24 de setembro (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV): "Primeiro este, que é moi difícil, asegúrocho, cun adestrador que o tiven o ano pasado, e que por traballo non vai ser".