RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quique únese ao grupo de xogadores con 2 Trofeos Estrella Galicia esta temporada

O máximo goleador do Dépor, Quique González, recibiu esta mañá por segunda ocasión no que vai de temporada o premio a Xogador do Mes que outorga Estrella Galicia xunto á afección do Dépor. É o premio ás súas actuacións nos partidos ante Rayo Majadahonda, Osasuna, Extremadura e Numancia o pasado mes de abril.

Cunha das participacións máis altas: 2.685 votos, o dianteiro valisoletano levou o trofeo máis igualado: 29%, por diante de Dani Giménez (28%), Borja Valle (23%) e Álex Bergantiños (20%).

Quique, Edu Expósito e Dani son os 3 deportivistas que fixeron dobrete este ano, e xunto con Borja Valle e Carlos Fernández, os que atesouran este galardón.

Daniel Rodríguez, xerente da Cervecería Portofino na Rúa da Estrella, local do mes, entregou a Quique González o trofeo. Este quixo agradecer a Estrella Galicia o promover este premio "pequenos detalles moi gratificantes para calquera futbolista, son detalles que chegan". Após as súas palabras, o xogador do Dépor entregou a Daniel Rodríguez unha camiseta asinada por todo o equipo para que luza no local.