RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raúl Albentosa, Xogador Estrella Galicia do mes de marzo

Raúl Albentosa foi elixido pola afección do Real Club Deportivo como Xogador Estrella Galicia do mes de marzo. O acto de entrega do premio tivo lugar esta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo.

En marzo o catro finalistas (por triplo empate) seleccionados polos medios que cobren a diario a información do RC Deportivo foron Lucas (13 votos), Albentosa, Andone e Sidnei (10 votos cada un). Os partidos a avaliar eran os disputados contra Eibar, Girona e Las Palmas. Nas votacións en Twitter e Facebook, os apoios repartíronse así: 3.840 votos en Twitter (41% Albentosa, 29% Andone, 19% Lucas e 11% Sidnei) e 91 en Facebook (42,9% Andone, 26,4% Albentosa, 19,8% Lucas e 11,0% Sidnei).

Deste xeito, Albentosa colle a testemuña de Andone (xaneiro e febreiro) no cadro de honra do galardón ao Xogador Estrella Galicia 2017-2018 e súmase no palmarés a Luisinho (setembro), Fede Valverde (outubro), Fabian Schär (novembro) e Adrián López (decembro)

O central de Alcira recibiu o premio de mans do hostaleiro do mes: Juan Beneitez de Vita. k, Rúa Galera, 13 (A Coruña), acompañado por Cristian Martín, delegado comercial de Estrella Galicia. Raúl, pola súa banda, fíxolle entrega dunha camiseta asinada e enmarcada para o seu establecemento.

Tras o acto, Raúl Albentosa agradeceu aos medios, que son os que elixen a terna de finalistas "e tamén á xente, que nesta situación tan difícil, recoñeceu o meu traballo e eu agradézollo de todo corazón porque porque a nivel persoal agradécese moito", comentou antes de desexar sorte ao equipo para o que resta de tempada.