RCD / NOVAS

Recollida de firmas en Riazor para solicitar #XustizaParaJimmy

13/01/2017 19:38

A Asociación Jimmy Sempre Con Nós e a familia de Francisco Javier Romero Taboada "Jimmy" recollerán mañá en Riazor, con motivo do Deportivo-Villarreal da 18ª xornada de LaLiga, firmas para solicitar a reapertura do caso.

Ademais da reapertura do caso, os asinantes solicitarán a realización de novas investigacións para dar cos culpables do asasinato do coruñés o 30 de decembro de 2014 en Madrid.