RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo, o triunfo do Fabril, líder da Terceira RFEF unha semana máis, ante o Atlético Arteixo (1-2) en Ponte dos Brozos, foi un dos resultados destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os fabrilistas, ademais da un rival sempre incómodo no seu campo, foron capaces de sobreporse tamén a un céspede moi castigado pola intensa choiva. Decidiu un gol de Dani Barcia no minuto 90. Na primeira parte un xuvenil, Martín Ochoa, adiantara aos pupilos de Óscar Gilsanz.

Tamén hoxe, o Xuvenil B e Cadete gañaron na Cidade Deportiva ao Pabellón Ourense CF (3-0) e ED Xuventude de Oroso (8-0) respectivamente. No equipo cadete foi baixa José Rey, concentrado coa selección española sub-16 no Torneo Football Federations Cup en Alfaz do Pí (Alacante).

Fóra de casa o Infantil gañou ao Arosa SC (1-3) e o Orzán SD Xuvenil Feminino non puido alcanzar o liderado da Primeira Autonómica ao empatar en Vigo ante o Sárdoma CF B (2-2). As viguesas chegaban ao choque 1 punto por diante das orzanistas, que ademais se atoparon cun 2-0 en contra no marcador nos primeiros 20 minutos.

Pechou a xornada da fin de semana en San Pedro de Visma o Orzán SD Cadete B Feminino, que venceu (3-1) ao Silva SD e lidera con claridade o subgrupo 1º da Segunda Autonómica.

Onte sábado dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron cita en Abegondo:

O Dépor ABANCA B goleou (5-0) ao UD Llanera. As branquiazuis, consolidadas no liderado da Primeira Nacional, certifican a súa novena vitoria consecutiva en liga despois do empate sen goles na primeira xornada no campo do Victoria CF e presentan a súa candidatura a pelexar polo título.

No outro choque na instalación branquiazul, o Xuvenil A dobregou (3-0) aos Deportivo Roces. O equipo de Manuel Pablo mantense a 1 punto do líder, o RC Celta, na táboa da División de Honra xusta antes do #ONOSODERBI da próxima semana en Vigo.

Ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, o outro equipo que xogou en casa foi o San Tirso SD Infantil, en O Monte ante o Bergantiños CF (5-1).

Fóra competiron o San Tirso SD Cadete ante o Victoria CF (1-1), o Orzán SD Cadete Feminino ante o Colexio Obradoiro (1-6) nun partido da parte alta da clasificación da liga Galega; e o Orzán SD Infantil Feminino en Arzúa (0-8).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
10ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 1 - FABRIL 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)

Categoría feminina
Primeira Nacional, 11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD LLANERA 0

Primeira Autonómica, 12ª xornada: SÁRDOMA CF B 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Abril Pazos e Uxía López)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 8ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO 3 (Sofía Milhem -2- e Dunia Dahmouni) - SILVA SD 1

Liga Galega Cadete, subgrupo A, 8ª xornada: COLEXIO OBRADOIRO 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 6 (Emma Gandoy, Candela Fernández, Sofía Rodríguez, Sofía Paz, Daniela Basalo e Mica Baratelli)

Liga Galega Infantil, subgrupo A, 7ª xornada: ARZÚA FCF 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 8 (Naira Fontenla -2-, Marta Moreno, Noela García, Martina Vázquez, Sarai Brenda, Ari Barros e Carolina Lago)

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: XUVENIL A 3 (Kevin -2- e Carreira) - DEPORTIVO ROCES 0

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 3 (Domínguez, Hugo Torres e Guerrero) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

División de Honra, 12ª xornada: VICTORIA CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Miguel de Labra)

Categoría infantil
División de Honra, 10ª xornada: AROUSA SC 1 - INFANTIL 3 (Nico e Roi -2-)

División de Honra, 10ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio, Iago Varela, Nikolay, Guille e Antón) - BERGANTIÑOS CF 1

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: ATLÉTICO CASTROS 0 - ALEVÍN A 8 (Íker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 4ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Iván Gil, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo)

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Alejandro Astray -4-, Miguel Candal -3-, Mateo Carballeira -2-, Pablo Sánchez, Xiao Fontao, Hugo Quintela, Thiago López e Hugo Bujía) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o -2- e Diego Castelo) - OZA JUVENIL SD 3