RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Na fin de semana en #ANOSACANTEIRA sobresaíu en Abegondo a visita do líder do grupo 1º de Terceira División, a SD Compostela, ao Fabril. O encontro acabou nunha espectacular igualada (2-2) após un frenético final de partido.

Foi o choque máis destacado dunha xornada con, ademais, catro partidos na Cidade Deportiva, todos resoltos con triunfos branquiazuis. Xuvenil B (2-1 ante o Rápido de Bouzas), Cadete A (4-0 fronte ao Coruxo FC) e Infantil A (4-1 ante o Pabellón Ourense CF) venceron onte sábado; e o Alevín A hoxe domingo (5-1 ao EF Racing de Ferrol A).

Competiron lonxe de Abegondo o Xuvenil A (4-0 onte sábado en Mareo ante o Sporting), Cadete B (1-5 hoxe domingo en Conxo) e Infantil B (2-5 hoxe domingo en Carballo).

Finalmente, tivo descanso o Deportivo ABANCA B, que renova a liga no grupo 1º de Primeira Nacional o primeiro domingo de marzo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
24ª xornada: FABRIL 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD COMPOSTELA 2

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 4 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 22ª xornada: XUVENIL B 2 (Nils e Jairo) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE A 4 (Diego Gómez, Martín Ochoa e Nico -2-) - CORUXO FC 0

Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada: CD CONXO SANTIAGO B 1 - CADETE B 5 (Mardones, Iván, Mella, Matos e Sierra)

Categoría infantil
Fase polo Título Galego, 5ª xornada: INFANTIL A 4 (Jorge García -2-, Lucas e Juan Barros) - PABELLÓN OURENSE CF 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: BERGANTIÑOS CF B 2 - INFANTIL B 5 (Íker Gil, Memet -3- e Trillo)

Categoría alevín
Liga Comarcal, 11ª xornada, xogado o pasado martes: SAN TIRSO SD A 1 - ALEVÍN A 4 (David, Guillermo, Diego e Marcos)

Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 2ª xornada, xogado o pasado xoves: ED LUÍS CALVO SANZ A 1 - ALEVÍN A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada: ALEVÍN A 5 (Anxo -2-, Borja -2- e un futbolista rival en propia meta) - EF RACING DE FERROL A 1

Primeira C, 10ª xornada: ALEVÍN B 4 (Ioan -2-, Gael e Uxío) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 1

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 11ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Iago Lameiro -3-, Nico, Pablo Vara, Raúl e Pablo Somoza) - OLÍMPICO CF A 0

Primeira C, 10ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Íker, Mateo -2-, Yael e Thiago -5-) - CD CALASANZ C 0