RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA finalizou hoxe domingo 8 de marzo con dous partidos.

En Terceira División, o Fabril visitou (1-0) ao UD Somozas. Os fabrilistas pagaron cara a súa nula puntaría en ataque ante un rival que aproveitou a única opción que tivo nos 90 minutos.

E en Abegondo, o Xuvenil B, en plena loita pola segunda praza da liga Nacional, goleou (7-0) ao CVC Valladares.

O resto de encontros con representación deportivista disputáronse onte sábado. 

Na Cidade Deportiva, o Xuvenil A impúxose (2-1) ao Real Oviedo con dobrete de Peke; e lonxe de Abegondo, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre; o Cadete B levou os 3 puntos na Gándara 2 ante o Racing de Ferrol (2-3), con gol no último minuto de Matos; e o Infantil B, que presentou varias baixas sensibles, caeu co Victoria CF B (4-0) no campo coruñés da Leyma.

Tiveron parón ligueiro esta fin de semana o Deportivo ABANCA B, Cadete A e Infantil A.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
27ª xornada: UD SOMOZAS 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 2 (Peke -2-) - REAL OVIEDO 1

Liga Nacional, 24ª xornada: XUVENIL B 7 (Nájera -4-, Dani Barcia, Nils e Do Carmo) - CVC VALLADARES 0

Categoría cadete
Liga Galega, grupo norte, 24ª xornada: RACING DE FERROL B 2 - CADETE B 3 (Mardones, Marco Baña e Matos)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: VICTORIA CF B 4 - INFANTIL B 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 9 (Leandro -2-, Borja -2-, Xabi, Marcos, Diego, David e Janusz)
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 5ª xornada: ALEVÍN A - SDCyR NARÓN O FREIXO, o martes 10 de marzo ás 19:15 en Abegondo

Liga Comarcal, 13ª xornada: ALEVÍN A 2 (David e Anxo) - OUTES FC B 0

Primeira C, 12ª xornada: ALEVÍN B 2 (Íker e Paulo) - IMPERÁTOR OAR C 2

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 13ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Pablo Vara, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Iago Varela, Lucas Vázquez e Rodrigo) - VICTORIA CF A 0

Primeira C, 12ª xornada: VICTORIA CF B 1 - BENXAMÍN B 5 (Thiago -2-, Yael e Mateo -2-)