RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Deportivo ABANCA B e Xuvenil A iniciaron onte sábado lonxe da Cidade Deportiva e con igual resultado (2-2) a competición ligueira en Primeira Nacional e División de Honra respectivamente.

O filial feminino visitou ao Viajes InterRías FF, un dos fanfurriñeiros do grupo que este verán só caeu 1-0 co Dépor ABANCA no Trofeo Concello de Sanxenxo; e o actual campión de España en categoría xuvenil comezou cun empate que sabe a pouco polas ocasións falladas a súa defensa do título nacional en Oviedo.

En canto ao resto de equipos, continuaron con amigables o Fabril, Cadete e Infantil; estes dous últimos onte sábado e saldados con claros triunfos ante o CD Calasanz xuvenil B (7-1) e cadete B (5-1) respectivamente.

O filial masculino enfrontouse ao Betanzos CF no Municipal García Hermanos no seu último test de pretemporada. O conxunto local, un histórico do fútbol galego, milita actualmente en Preferente Autonómica. En xogo estivo a XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos, que veu para A Coruña (0-2).

Foi novidade no encontro a última incorporación do Fabril, Víctor Manuel Castaño Terrazas 'Runy' (Hornados, Badaxoz, 17 de novembro do 2000). Este extremo dereito xa xoga e golea ás ordes de Óscar Gilsanz procedente do UD Extremadura.

Á marxe de Noel, Yeremay e Trilli, todos eles en dinámica do primeiro equipo, causaron baixa Davo, convocado co Deportivo para visitar ao CD Tudelano; e Dani Barcia, concentrado coa selección española sub-19 do mesmo xeito que Noel e Trilli, citados anteriormente.

O triunfo o venres do Xuvenil B (1-0) nun novo amigable en Abegondo ante o CD Calasanz A abriu o programa de encontros.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
XI Trofeo Cidade de Betanzos
BETANZOS CF 0 - FABRIL 2 (Runy e Juan Cambón)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 1ª xornada: REAL OVIEDO 2 - XUVENIL A 2 (Urdiales e Nájera)

Amigable: XUVENIL B 1 (Kevin) - CD CALASANZ A 0

Categoría cadete
Amigable: CADETE 7 (Guerrero -3-, Jorge, Luis Viñas e Iraitz -2-) - CD CALASANZ B (xuvenil) 1

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL 5 (Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2-) - CD CALASANZ B (cadete) 1