RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 1, 2 e 3 de setembro

En Segunda División B chegou o primeiro derbi galego para o Fabril, que empatou (1-1) co Racing de Ferrol hoxe domingo 3 de setembro na Malata, en partido retransmitido en directo pola TVG-2. Adiantáronse os locais no minuto 8 e empatou con xustiza Romay na recta final.

Polo demais, arrancaron a liga con vitoria na Cidade Deportiva de Abegondo dous equipos: o Xuvenil A de División de Honra ante o Racing de Santander (2-0), e o Infantil B en Primeira División Autonómica (grupo 1º), que xogou fronte ao Victoria B, o pasado xoves 31 de agosto (3-2).

Entre os obxectivos de ambos os conxuntos está o de mellorar ou igualar polo menos o logrado a temporada pasada: terceiro posto en Liga e cuartos de final de Copa do Rei o Xuvenil A e campión de grupo o Infantil B.

Por outra banda, cinco equipos tiveron partido amigable esta semana, na recta final xa das súas pretemporadas: Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
3ª xornada, RACING DE FERROL 1 - FABRIL 1 (Romay)

Categoría feminina
Torneo '3 en 1' en Abellá
DEPORTIVO ABANCA B 1 (Alba Suárez) - VILLESTRO 0
DEPORTIVO ABANCA B 5 (Sara Iglesias, Vero -3- e Alba Suárez) - ABELLÁ 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: XUVENIL A 2 (Pedro e Sebas) - RACING DE SANTANDER 0

Amigable: BERGANTIÑOS A 0 - XUVENIL B 1 (Kilian)

Categoría cadete
Amigable: CONXO A (xuvenil) 1 - CADETE A 2 (Concheiro e Docarmo)

Amigable: CADETE B 5 (Hugo -3-, Álex e Nils) - VIVEIRO 4

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 0 - URAL B (cadete) 1

Primeira División Autonómica, grupo 1º, 1ª xornada, xogado o pasado xoves: INFANTIL B 3 (Dani, Trigo e Diego) - VICTORIA B 2