RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA do 28 e 29 de outubro

A Cidade Deportiva de Abegondo é o epicentro esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, posto que até catro equipos xogan nas instalacións branquiazuis.

Hoxe sábado 28 a quenda foi para o Xuvenil B (8-0 ao Santa Mariña), Xuvenil A (3-0 ao Areosa) e o Cadete A (derrota por 1-2 tamén ante o Areosa).

Mañá domingo 29 xoga o líder da Segunda División B, o Fabril, que recibe ao Guijuelo (17:00 horas). Os socios deportivistas tamén teñen entrada libre. As entradas sénior custan 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Rubén Coméndez, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro e aos xuvenís Valín e Mujaid. Son baixa Edu Expósito (co primeiro equipo); e One, Diego Caballo, Quique Fornos, Bicho e Luis Fernández (lesionados).

Nas demais categorías destaca o dobre duelo na Liga Galega co San Tirso, ambos os choques no campo do Monte. O primeiro, hoxe en cadetes, levouno o conxunto local (3-1). O segundo, de infantís, será mañá domingo a partir das 12:00 horas.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL - GUIJUELO, o domingo 29 de outubro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 8ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 29 de outubro ás 12:00 na Lomba (Vilagarcía)

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: XUVENIL A 3 (Pedro -2- e Kilian) - AREOSA 0

Liga Nacional, 9ª xornada: XUVENIL B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - SANTA MARIÑA 0

Categoría cadete
División de Honra, 9ª xornada: CADETE A 1 (Juanma) - AREOSA 2

Liga Galega, grupo 1º, 9ª xornada: SAN TIRSO 3 - CADETE B 1 (Iván)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 9ª xornada: SAN TIRSO - INFANTIL A, o domingo 29 de outubro ás 12:00 no Monte (San Tirso)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 10ª xornada: MARAVILLAS A 0 - INFANTIL B 8 (Barral -2-, Diego -2-, Miguel, Rubén, Álvaro e Zerfu)

Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN 14 (Pablo -4-, Héctor -3-, Óscar -2-, Álvaro -2-, Samuel -2- e Dani) - IMPERÁTOR A 0

Segunda Alevín, 3ª xornada: VICTORIA B 2 - ALEVÍN B 2 (Álex e Xenxo)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal, grupo 2º, 3ª xornada: ORILLAMAR A 0 - BENXAMÍN A 11 (Anxo -3-, Diego -2-, Nico -2-, Eder, Rilo, Mosquera e Pablo)

Segunda Comarcal A Coruña, 3ª xornada: BETANZOS B 0 - BENXAMÍN B 12 (Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Yago Trigo)