RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario de mañá domingo

- Foto: @futgal -

Co Fabril, Deportivo ABANCA B, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino, Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín xa sen liga, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA céntrase nos cuartos de final da Copa de Campións xuvenil e a final da División de Honra cadete.

Mañá domingo 29 ás 12:00, o Xuvenil A medirase ao Real Betis nos cuartos de final da Copa de Campións, que se xogará a partido único na Cidade Deportiva Luis del Sol de Sevilla, posto que a bética foi a bóla que saíu en primeiro lugar no sorteo realizado esta semana nos locais da Federación Española de Fútbol.

Os verdibrancos quedaron campións do grupo IV da División de Honra con 111 puntos por diante do Granada CF, segundo con 107. En 42 partidos os béticos gañaron 35, empataron 6 e perderon 1. O seu balance goleador é de 113 tantos marcados e 17 encaixados.

O gañador deste encontro accederá á final a catro que se xogará na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid). En semifinais, o vencedor da eliminatoria entre o Athletic Club e a UD Las Palmas será o seu rival en semifinais, o mércores 1 de xuño ás 21:30 horas.

O equipo de Manuel Pablo, que viaxou onte á noite por estrada á capital andaluza, defende así o seu título de campión de España ao clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo do sete grupos.

David Mella, apeado en cuartos de final do Campionato de Europa sub-17 por Portugal, viaxou directamente da concentración da selección española en Israel a Sevilla.

O internacional branquiazul adestrouse hoxe sábado na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, do Sevilla FC, co resto dos seus compañeiros.

Aquí en Galicia, en Arzúa, hoxe sábado 28, os dous mellores equipos galegos cadetes, Dépor e RC Celta, disputáronse o cetro rexional nunha final a partido único.cGañaron os branquiazuis, con goles de Pablo Parada e Mesfin. Así pois, a Deportivo raíña en Galicia en categoría cadete.

Pola súa banda, acaban a temporada o Xuvenil B, subcampión da liga Nacional, fronte ao Alondras CF (1-3 hoxe en O Morrazo); e o Orzán SD Xuvenil Feminino, campión do subgrupo 1º de Descenso de Primeira División Galega, ante o Atlántida Matamá (mañá domingo ás 16:00 na Torre).

Finalmente, o Infantil venceu (0-6) ao Cidade de Ribeira CF na penúltima xornada da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte. Con este resultado, ademais do empate do CD Conxo Santiago, segundo clasificado, ante o San Tirso SD, o equipo branquiazul proclámase campión do subgrupo a falta dunha xornada.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 10ª xornada (última): ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - ATLÁNTIDA MATAMÁ, o domingo 29 de maio ás 16:00 na Torre (campo 1)

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final: REAL BETIS - XUVENIL A, o domingo 29 de maio ás 12:00 na Cidade Deportiva Luis del Sol (Sevilla)

Liga Nacional, 34ª xornada (última): ALONDRAS CF 1 - XUVENIL B 3 (David Domínguez, Ogando e David López)

Categoría cadete
División de Honra, final: RC CELTA 1 - CADETE 2 (Pablo Parada e Mesfin)

Categoría infantil
Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte, 9ª xornada: CIDADE DE RIBEIRA CF 0 - INFANTIL 6 (Janusz, Rubén, Marcos, Diego e Lucas -2-)