RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Fin de semana con só dous partidos na Cidade Deportiva, o do Infantil A ante o Galicia Caranza, hoxe sábado 5, correspondente ao grupo norte da Liga Galega (11-0); e o do Xuvenil A fronte ao CD Lugo, mañá domingo 6 ás 12:00, na División de Honra.

Todos os demais equipos xogan lonxe de Abegondo. Tres deles mañá domingo 6: o Fabril en Carballo ante o Bergantiños CF (18:00), o Deportivo ABANCA B en Portonovo fronte ao Viajes InterRías FF (12:00), e o Cadete A en Fragoselo (Vigo) ante o Coruxo FC (12:00 horas); e outro hoxe sábado 5: o empate (3-3) do Xuvenil B en Bouzas ante o Rápido.

No Fabril, Luisito citou aos seguintes xogadores para o choque nas Eiroas de Carballo: Álex Cobo, Boian, Yuste, Aarón Sánchez, Martí Vilà, Valín, Mujaid, Iago Parga, Bourdal, Kanouté, Novo, Villares, Jawed Boumeddane, Mario Losada, Pedro, Javi Sánchez e Manu Mosquera.

Causa baixa de maneira obrigatoria Gandoy, sancionado; e David Sánchez, lesionado.

Finalmente, dous equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros da fin de semana a onte venres 4 de outubro.

En Abegondo, o Cadete B superou (2-0) ao CD Conxo Santiago B, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

E no Anexo de Vista Alegre en Ordes, o Infantil B, colíder do grupo 1º da Primeira Autonómica, impúxose ao SCD Órdenes (2-8) nun encontro marcado polo seu frenético arranque, con 4 goles en apenas 10 minutos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
7ª xornada: BERGANTIÑOS CF - FABRIL, o domingo 6 de outubro ás 18:00 nas Eiroas (Carballo)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 4ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 6 de outubro ás 12:00 en Baltar (Portonovo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 6 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 5ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 3 - XUVENIL B 3 (Aye, Noel e Nájera)

Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CORUXO FC - CADETE A, o domingo 6 de outubro ás 12:00 no campo de Fragoselo (Vigo)

Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: CADETE B 2 (Nico e Hugo Matos) - CD CONXO SANTIAGO B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: INFANTIL A 11 (Jorge -6-, Samuel -2-, Carballo, Pita e Zoe) - GALICIA CARANZA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 5ª xornada: SDC ÓRDENES 2 - INFANTIL B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe)