RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTÍS

Reto para o Benxamín A o domingo 29 no torneo alevín do Laracha CF

O Benxamín A afronta este domingo 29 de decembro un bonito reto, a súa participación na 9ª edición do Torneo do Laracha CF para categoría alevín, competición que se xoga no Municipal de Laracha.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Orillamar SD, Atlético Arteixo e Sporting Coruñés SD.

O calendario de partidos do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase

10:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO

12:30: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A

14:30: BENXAMÍN A - SPORTING CORUÑÉS SD

Os 2 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

O Infantil A participa desde hoxe venres na Aragón Cup 2019

O Infantil A, que pechou 2019 como líder sólido do grupo norte da liga Galega, desprázase a Huesca para disputar a Aragón Cup 2019.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, co Stadium Casablanca de Zaragoza e a SD Huesca C.

O calendario inicial de partidos do Infantil A, desde hoxe venres, é o seguinte:

Venres 27 de decembro
11:00: STADIUM CASABRANCA - INFANTIL A, no campo de San Jorge
18:00: INFANTIL A - SD HUESCA C, no campo de San Jorge

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase que arrinca o sábado 28 de decembro ás 10:00 horas.

RC Celta e Pabellón Ourense, rivais iniciais do Alevín B en Vigo

O RC Celta e o Pabellón Ourense CF serán os rivais iniciais do Alevín B no 4º Torneo Internacional de Nadal Concello de Vigo, que se celebra o sábado 28 de decembro no campo Pahíño en Navia (Vigo).

O calendario inicial do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase

10:10: RC CELTA - ALEVÍN B (campo 2)
10:50: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN B (campo 2)

Os dous primeiros de grupo clasifícanse para semifinais, que serán ás 11:30; mentres que o 3º de grupo pelexará pola 5ª e 6ª praza do torneo, ás 12:10.

Cita para o Alevín A na Copa Integra Enerxía en Oviedo

O Alevín A fará un alto nas súas vacacións do Nadal para competir na Copa Integra Enerxía en Oviedo.

O conxunto deportivista quedou encadrado en primeira instancia no grupo B, co Real Valladolid, TSK Roces e 2 equipos procedentes da Fase Previa.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase

Sábado 28 de decembro

15:00: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA, no Berrón
15:35: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA, no Berrón
16:45: ALEVÍN A - TSK ROCES, no Berrón
17:20: ALEVÍN A - REAL VALLADOLID, no Berrón

Os 2 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincan o domingo 29 a partir das 10:30 no Berrón.

O resto de equipos pasan a Cópaa Enerxía, que, desde oitavos de final, dispútase o domingo 29 a partir das 10:00 no campo de Tensi.