RCD / NOVAS

Reunións esta semana do Club coas familias dos xogadores de #ANOSACANTEIRA

09/03/2020 19:42

Os responsables de #ANOSACANTEIRA reuniranse ao longo desta semana na sala de prensa de Abegondo cos pais dos xogadores de todos os equipos, desde xuvenís a benxamíns.

Sobre a mesa estarán, principalmente, os torneos que disputarán os equipos de aquí a final de temporada; ademais de manter o contacto coas familias dos futbolistas branquiazuis.

As charlas estarán a cargo de Albert Gil, director da canteira; Javier Álvarez, responsable da etapa de iniciación; e Marisol Arias, psicóloga de #ANOSACANTEIRA.

O calendario previsto é o seguinte:

Luns 9 de marzo
18:45: Xuvenil B, Cadete A e Cadete B, a cargo de Albert Gil

Martes 10 de marzo
19:00: Benxamín A e Benxamín B, a cargo de Javier Álvarez

Mércores 11 de marzo
19:00: Infantil A e Infantil B, a cargo de Javier Álvarez

Xoves 12 de marzo
19:00: Alevín A e Alevín B, a cargo de Javier Álvarez