RCD / NOVAS

Róber xogará a Temporada 2018-2019 cedido no Levante UD

07/07/2018 17:00

Róber Suárez Pier (A Coruña, 16 de febreiro de 1995), xogará a próxima Temporada 2018-2019 cedido no Levante UD, club no que xa militou nas mesmas condicións os dous últimos exercicios.

O Real Club Deportivo quere desexarlle a maior das sortes nesta nova cesión no conxunto granota.