RCD / NOVAS

Rubén cre que o Dépor debe afrontar a Copa "ilusionados e confiados de pasar"

30/12/2016 21:00

O porteiro galego Rubén Martínez foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo, ao finalizar a sesión de traballo do primeiro equipo.

Cualifica a eliminatoria de Copa (oitavos de final) ante o Alavés como "moi difícil. Os equipos que hai agora pasaron de rolda por méritos propios. Difícil ían ser todos. Afrontala ilusionados, confiados de pasar e soñando pasar cantas máis eliminatorias mellor".

Resalta que Tyton e Poroto Lux, os seus dous compañeiros de demarcación, "son dúas persoas espectaculares. Trabállase moi ben con eles, é importante no día a día. Traballar con bo ambiente a diario lévase moito mellor. Neste caso, espectacular os dous".

Apunta que o equipo se ten que enchufar de novo á competición "desde o adestramento". Ademais, sobre Babel, indica que "é unha baixa importante, pero non nos preocupa. Hai compañeiros que poden xogar non seu sitio e facelo igual de ben. Está claro que é un grandísimo xogador. Desexolle a mellor sorte do mundo. Grazas porque nestes meses deu un gran rendemento".

A nivel persoal, está satisfeito Rubén "porque tiven a oportunidade de disputar a Copa e dispoñer de minutos, e gozar de xogar no Deportivo, que era ou que quería cando firmei aquí. E colectivamente creo que xa antes o equipo estaba xogando ben pero non conseguía resultados. Agora estanse dando as duas cousas, bo xogo con bos resultados, metendo goles, que nos facía falta coller confianza neste sentido".

Máis novas de: RUBÉN MARTÍNEZ