RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera, sobre o seu futuro: "Son do Dépor e son da Coruña. E quero o mellor para o Dépor"

Rubén de la Barrera desvelou este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR algunhas das claves sobre o seu futuro no banco branquiazul: "Son do Dépor e son da Coruña. E quero o mellor para o Dépor. E se pode ser comigo no banco pois mellor que mellor. A min faime unha ilusión tremenda poder contribuír nun 0,1 por cento a que este Club dea un paso ou se se pode dez pasos á fronte".

Ten claro que "a miña vontade é facer o que estou a facer, que é tratar a opción do Dépor como a importante. Son coruñés, son do Dépor, pero tampouco me vou a disparar aos pés. Impórtanme moito os cómos e as maneiras a partir das cales se queren facer as cousas. O feeling é boísimo porque hai comunicación, porque a houbo desde o primeiro momento e iso é antes de xogar o primeiro partido en Salamanca en xaneiro. Quero garantir cousas que a min me permitan ser competitivo".

Neste sentido, asegura que "se diga o que se diga o obxectivo do Dépor vai ser ascender. É así. Hai que tratar moi ben e xestionar moi ben ese nivel de expectativa que se xera. O equipo ten que ascender. Non se sei nun ano ou en dous. O Club ten que ascender. O outro día, o domingo, xogamos en ABANCA-RIAZOR. Vemos o que hai, o que deixa de haber. Este Club non é de Segunda División, é de Primerísima División. É así. Circunstancialmente estamos como estamos e hai que pór todo da nosa parte para recuperar o que lle pertence por historia e por moitas máis cousas ao Dépor".

Lamentouse de que a competición se lle quedase curta ao equipo: "Após un período de adaptación no que nós tentamos acurtalo o máximo posible, os números após ese período foron moi bos e as sensacións son diferentes ás que podes ter noutro tipo de momentos. Accedes á Pro e iso está ben e máis podendo xogarche só iso nesta segunda fase; pero tamén coa sensación de que nos faltaba medio segundo para poder loitar por outras cousas e loitar en condicións. Pero iso é auga pasada".

Ademais, subliña que "me atopei aquí un vestiario espectacular; un Club grande non, enorme como é o Dépor; nunha categoría como a Segunda B, con xogadores dunha traxectoria importantísima detrás. Que se protexeron valores que creo que se trasladaron ao campo fala da calidade humana que hai aquí. O cadro é responsable principal do que se falou de como minimizar danos. A calidade humana deste vestiario permitiu poder estar onde vai estar o Club a temporada que vén".