RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sara Álvarez, con España sub-17, mídese mañá a Estados Unidos en Suecia

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo do Torneo de Exentos, unha competición internacional que enfronta a aqueles equipos nacionais que non teñen que xogar fase de clasificación para o novo formato do campionato de Europa.

Mañá sábado, España mídese a Estados Unidos na segunda xornada da competición. O encontro comezará ás 14:00 horas no Estadio Falkenbergs IP de Falkenberg.

No primeiro partido deste torneo disputado o pasado mércores, España caeu ante Alemaña (0-4), con Sara Álvarez sobre o céspede todo o partido.

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 11 de setembro
ESPAÑA 0 - ALEMAÑA 4

Sábado 14 de setembro
14:00: ESTADOS UNIDOS - ESPAÑA, no Estadio Falkenbergs IP de Falkenberg

Martes 17 de setembro
18:00: SUECIA - ESPAÑA, no Estadio Angelholms IP de Angelholm

Por este motivo, Sara Álvarez causará baixa para o debut do Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional, este domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo ante o CD Valladares.

A canteirá deportivista súmase así ás futbolistas do Dépor internacionais nas categorías inferiores da selección española nas últimas convocatorias: Teresa Abelleira, María Méndez e Carlota Sánchez.