RCD / NOVAS

Saúl García, cedido ao Mallorca tras pechar a súa etapa no Xirona

30/12/2016 17:30

O Real Club Deportivo e o RCD Mallorca chegaron hoxe a un acordo para a cesión do lateral cántabro do Dépor Saúl García ata final de temporada ao conxunto balear. Este acordo chega tras o previo entre o propio Deportivo e o Girona FC para pechar a etapa que o xogador completou nesta primeira parte da temporada no equipo catalán.

Saúl García Cabrero (Vioño De Piélagos, 9 de novembro de 1994) xogou a pasada campaña cedido no Club Deportivo Tenerife e ata este momento no Girona FC. O Real Club Deportivo quere desexarlle un bo ano 2017 a Saúl no seu novo destino profesional.

Máis novas de: SAÚL GARCÍA