RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "A única maneira cando as cousas non saen no deporte é unirse, crer e traballar"

Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "todo ten que ver moito co primeiro gol, os primeiros 10 minutos". Nesta fase inicial do partido, viu o técnico holandés aos seus xogadores "tesos, moi bloqueados".

Destacou nesta liña que os seus futbolistas "deixaron todo no campo, pero con pouca lucidez". Por contra, dixo que o seu equipo nos minutos finais "chegou, creando ocasións. Tampouco a sorte axudounos".

Sobre as posibilidades de lograr a permanencia, apunta Seedorf que "é un tema matemático e só por iso non é a nosa última oportunidade". "Non conseguimos o que queriamos, pero segue habendo 27 puntos en xogo. Imos xogar para sacar os máis puntos posibles", apunta.

Neste sentido, confesa que "ser optimista ou pesimista é un tema de carácter. Eu son unha persoa optimista, por iso fun tan gañador na miña carreira. Estou a traballar para ser un gañador como adestrador tamén. O camiño é duro. A xente pode ter dúbidas. A única maneira cando as cousas non saen no deporte é unirse, crer e traballar".

Pola súa banda, Paco Jémez, adestrador da UD Las Palmas, cre que "hai que mirar a situación cun pouco de perspectiva, os partidos que temos, os partidos que ten cada un".

Pide esperar ao final para saber se este punto é bo ou non: "Non é o resultado que quería o Deportivo e que queriamos nós. Os dous queriamos dar un paso adiante, achegarnos un pouco máis ao Levante. Máis aló do resultado, viuse competido, no que podía gañar calquera rival. Non se viu un partido con medo. O partido estivo ben, estivo entretido. Os dous loitaron con todo o que tiveron para levar o resultado ao seu favor", indicou.