RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "Está máis claro que nunca os aspectos que hai que mellorar"

Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa de Mendizorrotza que "está máis claro que nunca os aspectos que hai que mellorar". Destacou o bo primeiro tempo do Dépor, aínda que si admitiu a frouxa segunda parte.

Promete o técnico holandés que "imos seguir traballando, con moita ilusión e moita seriedade".

Insiste Seedorf en que "temos que seguir traballando para que a sorte nos apoie".

Após esta nova derrota, recalca que "quedan moitos puntos en xogo. A esperanza é o último que vai morrer aquí".

Ve "normal" o enfado da afección após o partido. "É xusto que eles expresen as súas emocións ao final do partido. Viñeron aquí para apoiar ao equipo, apoiaron ao equipo", engade.

Desexa iso si que o vindeiro venres no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Espanyol "eles estean co grupo".