RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "Estou moi orgulloso do que están a facer os xogadores"

Clarence Seedorf resaltou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "cada día que pasa estou máis orgulloso do que están a facer (os xogadores). Sei a dificultade que eles teñen, que tiveron que vivir durante moitísimo tempo. É espectacular o que están a facer como grupo".

Explica que "neste último mes de ano, seguir crecendo fisicamente, seguir con esta intensidade, con esta profesionalidade todos os días... Hai que respectar o esforzo que están a facer. A cousa máis bonita para min é cando a xente o recoñece. Hoxe foi outro momento moi bonito coa nosa afección".

Quixo destacar entre todos a "Rubén. Fixo un partidazo. Hai xa semanas que está ben, axudando nos momentos clave. Albentosa, Schär, que hai semanas atrás non xogaba. Cada un vai ter o seu momento. Luisinho, e outros xogadores como Fernando Navarro, que detrás teñen un liderado impresionante, positividade. É o espírito que crearon os rapaces. Por iso estamos hoxe como estamos. Levamos 4 partidos xogando a gran nivel, menos o primeiro tempo contra o Málaga. O equipo atopou unha boa identidade e convicción".

Pola súa banda, Vincenzo Montella, técnico do Sevilla, cualificou o partido como "moi intenso. Foi moi raro o resultado, 0-0. O Sevilla empezou moi ben o partido. Podiamos marcar algún gol. Ao final, poderiamos perder, porque tivemos un pouco de sorte co pau. Soria fixo dúas paradas moi boas".