RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf pide "solidez defensiva" fronte ao Athletic e "atacar con perigo"

Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa de Abegondo que o Dépor, mañá sábado 14 de abril en San Mamés ante o Athletic Club (20:45, Bein LaLiga), debe "manter a súa solidez defensiva. Ter esa calidade para xogar en vertical e atacar con moito perigo".

O técnico holandés explica que a ausencia de Sidnei débese "máis que nada a precaución. Non ten ningunha lesión pero alto risco de lesionarse".

Do Athletic, dixo que é "un rival sempre perigoso na súa casa. Desde que eu coñezo, é moi difícil xogar aí".

Preguntado pola tensión de disputar cada semana un partido decisivo, Seedorf asegura que é máis "externo que interno. Nós vivimos cada partido con obxectividade e serenidade. Activamos os mecanismos para chegar ao partido coa xusta tensión. Conseguir a vitoria en casa axuda neste aspecto, aínda que a presión vai seguir. Non logramos aínda o obxectivo".