RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf pide "un ambiente a favor, de enerxía positiva" en ABANCA-RIAZOR

Clarence Seedorf manifestou este mediodía na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que mañá sábado 17 de marzo ante a UD Las Palmas (13:00 horas, Bein LaLiga) agarda "un partido difícil contra un equipo que para min segue vivo. Vin aos xogadores das Palmas pelexando por cada balón os 90 minutos". "Estamos preparados para facer un gran partido e gañar", engadiu.

Preguntado sobre se é unha final, explica que "non se poden xogar 10 finais. Só pódese xogar unha final, que é o partido decisivo. Non é este caso. Se queredes chamalo oitavos de final ou algo así".

Non quere pensar noutro caso que non sexa "gañar mañá. Antes de calquera partido penso que vou gañar. É o único pensamento que hai que ter".

Tampouco cre que sexa o encontro máis importante desde a súa chegada ao Dépor: "Todos os partidos foron igual de importantes, coa mesma necesidade. Agora é un choque directo, contra un equipo que está a pelexar pola mesma cousa. Son os mesmos 3 puntos que os de Getafe, Girona, Alavés, Eibar... 3 puntos son 3 puntos. Mañá pode valer máis especialmente por como estea a clasificación".

Non está preocupado pola falta de gol, especialmente dos seus homes máis adiantados. Así, puxo como exemplo a Higuaín, que "a temporada pasada estivo 3 meses sen marcar, e na Juventus. Non hai que volverse tolo. Andone xa marcou. Lucas segue creando, segue chegando. Contra o Eibar e contra o Espanyol moitas ocasións, chegamos... o pau, o penalti. Se o equipo segue creando, eu non vou estar preocupado". Iso si, advirte que o equipo debe mellorar o "entrar na área con algo máis de faísca".

Recalca por contra que desde a súa fichaxe polo Dépor, "demos moita importancia a crear un equipo compacto, un equipo sólido. Conseguímolo bastante. Non é perfecto obviamente. Esa sensación de que o adversario en cada ataque poida facer gol xa non existe. E isto dá tranquilidade ao equipo. E doutra banda conseguimos crear ocasións de gol. Por iso non me preocupo por este tema. Vai chegar seguro", conclúe.

Do público, o técnico holandés espera "que sexan afeccionados. Os afeccionados sempre protexen as súas cores. Se como é a afección do Dépor, como rival. Vivino nalgúns partidos en casa tamén. Mañá creo que vai haber un ambiente a favor, de enerxía positiva porque con esa enerxía de todos, xogadores, club e afección, vaise a poder chegar onde queren. Hai que facer as cousas para que os xogadores sintan o apoio e para que Las Palmas sinta a presión".

Sobre Las Palmas, explica que "a filosofía do seu adestrador é coñecida. Ten unha filosofía moi clara. Nós temos moi claro como xogar contra eles".