RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf pide unidade e "seguir crendo no traballo que estamos a facer"

Clarence Seedorf subliñou na sala de prensa de Montilivi que "nestes momentos temos que estar moi xuntos, seguir crendo no traballo que estamos a facer, unidos".

Nesta liña, afirma que "somos positivos. Cremos no noso obxectivo. A afección ten que crer no noso obxectivo, porque o ano pasado foi unha situación moito peor. Quero ser realista. Non vexo un equipo morto, vexo un equipo vivo".

Insiste en que o Deportivo "veu aquí e xogou un partido de ti a ti co Girona, que está nun gran momento".

Asegura Seedorf que "vin moita mellora. Os adversarios teñen dificultades para crearnos perigo. É importante para os últimos partidos que nos quedan para sacar esta situación".

Manifestou que o Dépor "contivo moi ben ao Girona. Ten unha forza que é o balón parado, e conseguiu así dous goles. Aí estivo o partido".