RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf traslada confianza e asina autógrafos no centro Luckia de Catro Camiños

O salón Luckia do Centro Comercial Catro Camiños acolleu onte mércores un acto de firmas coa presenza do adestrador do Real Club Deportivo, Clarence Seedorf.

O técnico holandés atrasouse uns minutos sobre a hora prevista, os que tardou en desprazarse desde a Cidade Deportiva de Abegondo, onde dirixira a sesión de adestramento vespertina do Dépor e motivo polo que o Club quere pedir desculpas aos afeccionados que non puideron participar por iso no encontro.

Sempre co seu cativador sorriso, Clarence asinou autógrafos en postais, camisetas, sudaderas... do Dépor e fotografouse con afeccionados de todas as idades. Tomouse o seu tempo con cada un para intercambiar impresións con todos, por exemplo cunha nova xogadora do Orzán SD, á que lle preguntou por exemplo a súa posición no campo.

Até recibiu algún agasallo, como un debuxo dun pequeno ou unha carta manuscrita dun fan.

Fixo alarde da súa capacidade lingüistica ao charlar en alemán con Manuel, un deportivista procedente de Alemaña; ou en italiano con algún outro seareiro dese país.

Iso si, a todos os que se achegaron lanzoulles a mensaxe de que si se pode lograr a permanencia en Primeira División, de que hai que crer.

Ademais do seu cargo de adestrador do Dépor, a esplendorosa carreira como futbolista do adestrador branquiazul motivou que tamén estampase o seu autógrafo sobre camisetas do Milan ou do Real Madrid, dous dos seus equipos nos que cultivou máis éxitos.

A continuación, xa dentro do local, o técnico branquiazul foi a man inocente no sorteo de camisetas branquiazuis asinados polo cadro e balóns oficiais do Dépor, que el mesmo entregou aos afortunados.

Unha foto de familia con todo o persoal de Luckia puxo o punto e final á visita de Clarence Seedorf a un dos principais patrocinadores do Dépor.