RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Segunda medalla de prata, esta para o Alevín B, no Torneo Cidade da Coruña

Hoxe xoves, o Alevín B proclamouse subcampión do Torneo Internacional Cidade da Coruña nun trofeo no que onte, o Benxamín B tamén foi subcampión da súa categoría.

Pola súa banda, un equipo infantil disputa a 27ª edición da Vianense Cup Torneio Rodrigo Badana e outro a 1ª edición da Copa Ribadumia; mentres que o Benxamín B participa na 7ª edición do Torneo Luis Calvo Sanz nas Eiroas (Carballo).

O Alevín B logra a medalla de prata do Torneo Internacional Cidade da Coruña

O Alevín B e o Benxamín B participaron na 28ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan Manuel Iglesias Mato 'Palau', competición organizada polo Orillamar SD nos campos da Torre.

O Alevín B, hoxe xoves 20 de xuño, foi subcampión. Gañou 5 partidos e só caeu na final pola mínima ante o Ural CF A (0-1), fronte a un rival que aproveitou a súa única oportunidade de gol para levar o trofeo.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 4 (Diego -2-, Anxo e Rubén) - ORILLAMAR SD D 0
ALEVÍN B 2 (Diego e Xabi) - EF LUIS CALVO 0
ALEVÍN B 1 (Pablo) - IMPERÁTOR OAR 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Janusz) - ORILLAMAR SD 0

Semifinais
ALEVÍN B 2 (Diego -2-) - CLUB XESUITINAS 1

Final
ALEVÍN B 0 - URAL CF 1

O primeiro en competir foi o Benxamín B, onte mércores 19 de xuño.

Os branquiazuis lograron unha meritoria medalla de prata, ante equipos formados na súa maior parte por xogadores un ano maiores.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Pablo Somoza e José Quiroga) - EF LUIS CALVO 0
BENXAMÍN B 1 (Javi) - IMPERÁTOR OAR 0
BENXAMÍN B 4 (Hugo, Pablo, Martín Forján e Pablo Somoza) - ORILLAMAR SD A 0

Cuartos de final
BENXAMÍN B 6 (Martín Forján -3-, Javi, Lucas Vázquez e Pablo Somoza) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Semifinal
BENXAMÍN B 4 (Pablo Somoza -2-, Iago Lameiro e Lucas Vázquez) - VICTORIA CF 0

Final
BENXAMÍN B 1 (Rodrigo) - RC CELTA A 3

Un infantil branquiazul xoga a Vianense Cup e outro, a Copa Ribadumia

Un equipo infantil do Deportivo desprázase esta fin de semana a Portugal para participar na Vianense Cup Torneio Rodrigo Badana, competición que se disputa no Complexo Desportivo do Estadio Dr. José de Matos, en Viana do Castelo.

O formato de competición inicial será dunha liga todos contra todos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 22 de xuño
10:00: AJEF HERNÂNI GONÇALVES - DEPORTIVO
15:00: DEPORTIVO - FC MARINHAS
15:45: SC VIANENSE - DEPORTIVO
17:15: DEPORTIVO - CD MOAÑA

Os catro primeiros xogarán o domingo a Fase Final, a partir das 15:45.

Ademais, outro equipo infantil branquiazul compite na 1ª edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, no campo municipal da Senra de Ribadumia.

O Dépor terá estes primeiros rivais: SD Ponferradina, JEF United, CD Íscar e CD Benavente.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 22 de xuño
11:30: DEPORTIVO - CD ÍSCAR (campo de herba natural)
16:00: DEPORTIVO - SD PONFERRADINA (campo de herba natural)
19:00: DEPORTIVO - JEF UNITED (campo de herba sintética)
21:30: DEPORTIVO - CD BENAVENTE (campo de herba natural)

Os dous primeiros de grupo e os catro mellores terceiros dos seis grupos pasan a oitavos de final, que se xogan o domingo a partir das 11:30. O resto disputará a Clae Viajes Cup, que arranca ese mesmo domingo ás 10:30 horas.

O Benxamín B pelexará pola 7ª edición do Torneo Luis Calvo Sanz

O Benxamín B pelexará este sábado pola 7ª edición do Torneo Luis Calvo Sanz, no campo das Eiroas (Carballo).

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao CD Calasanz, EF Luis Calvo Sanz B, Imperátor OAR e Oza Juvenil SD.

O calendario é o seguinte:

Primeira Fase
10:00: BENXAMÍN B - EF LUIS CALVO SANZ B (campo 3)
11:10: OZA JUVENIL SD - BENXAMÍN B (campo 3)
12:20: BENXAMÍN B - CD CALASANZ (campo 4)
13:30: IMPERÁTOR OAR - BENXAMÍN B (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, a partir das 17:00 horas.

O Alevín A arranca cun claro triunfo a Barrinha International Cup en Esmoriz (Portugal)

O Alevín A participa desde hoxe xoves na Barrinha International Cup 2019, na localidade de Esmoriz.

O conxunto deportivista arrancou o torneo con contundente triunfo (6-0) ante o CD Arrifanense.

O calendario do conxunto deportivista, en horario local (1 hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 20 de xuño
ALEVÍN A 6 (Erick, Murilo, Íker, Vergara, David e Rubén) - CD ARRIFANENSE 0

Venres 21 de xuño
19:40: ALEVÍN A - AC CUCUJÃES (campo sintético - 2)
21:00: ALEVÍN A - CD FEIRENSE (campo natural - 2)

Sábado 22 de xuño
11:40: ALEVÍN A - SC ESMORIZ (campo natural - 1)
15:40: ALEVÍN A - SC ESPINHO (campo sintético - 1)

Os 3 primeiros de grupo pasan á Fase Final; mentres que os restantes do grupo xogarán unha Fase de Consolación.

A Levante Cup 2019, reto para o Infantil A na costa almeriense

O Infantil A competirá esta fin de semana nunha nova edición da Levante Cup 2019, torneo que se disputa nas localidades almerienses de Garrucha, Mojácar, Turre e Vera.

O sorteo da competición será mañá venres 21 de xuño con motivo da gala de presentación da Levante Cup.

O Trofeo Vila das Pontes examina o domingo as forzas de Alevín B e Benxamín B

A 4ª edición do Trofeo Vila das Pontes examinará as forzas do Alevín B e o Benxamín B, o vindeiro domingo 23 de xuño no campo do Poboado.

O Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Imperátor OAR, Narón Balompé Piñeiros e Viveiro CF.

O calendario do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: ALEVÍN B - VIVEIRO CF (campo 1)
13:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 1)
16:00: ALEVÍN B - NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 18:00 horas.

Pola súa banda, o Benxamín B ten como primeiros rivais ao Galicia de Mugardos, CD Cariño e Unión Comercial CF.

O calendario do equipo branquiazul é o seguinte:

Primeira Fase
11:30: GALICIA DE MUGARDOS - BENXAMÍN B (campo 1)
13:30: BENXAMÍN B - UNIÓN COMERCIAL CF (campo 2)
16:30: BENXAMÍN B - CD CARIÑO (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:30 horas.