RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Segundo encontro de Juan Rodríguez con España sub-18 ante Qatar, mañá luns en Doha

O xuvenil deportivista Juan Rodríguez está convocado pola selección española sub-18 para disputar 2 partidos amigables en Qatar, onte sábado 14 o primeiro e mañá luns 16 de setembro o segundo. Por este motivo, o defensor branquiazul causou baixa co Xuvenil A en no derbi ante o RC Celta de hoxe domingo en Abegondo.

Os encontros ante a selección qatarí xóganse no Aspire Stadium de Doha ás 19:30 hora local (18:30 en España).

Onte sábado, no primeiro deles, Juan Rodríguez saíu ao campo desde o banco para certificar o triunfo hispano (0-1).

O canteirán branquiazul, que se concentrou co equipo nacional o pasado martes 10 de setembro, colle a substitución do tamén canteirán deportivista David Mella, recentemente citado para uns adestramentos pero da selección española sub-15.