RCD / NOVAS

Segundo test de Christian con Venezuela, mañá martes en Panamá

10/09/2018 12:06

O dianteiro deportivista Christian Santos está concentrado coa Selección de Venezuela para dous partidos amigables este mes de setembro.

A 'Vinotinto' ten como rivais a dous conxuntos mundialistas. Mañá martes 11 (21:00, hora local, 6:00 do mércores 12 en España), Venezuela visitará a Panamá, no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

O primeiro dos amigables foi o pasado venres 7 de setembro ante Colombia no Hard Rock Stadium de Miami. Caeron pola mínima os venezolanos (2-1). Christian estivo no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Christian Santos incorporouse á concentración en Miami (Estados Unidos) o pasado luns 3 de setembro. Así pois, o ariete branquiazul perdeuse o debut ligueiro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón da 4ª xornada e non estará tampouco no partido de Copa do Rei en Zaragoza deste mércores 12 de setembro (21:00 horas, Gol), correspondente á segunda eliminatoria do torneo do KO.

A previsión do corpo técnico é que o dianteiro deportivista incorpórese directamente á concentración en Los Ángeles de San Rafael (Segovia) o xoves ao mediodía, nada máis aterrar en Madrid.

Máis novas de: CHRISTIAN SANTOS