RCD / NOVAS

Semana do debut do Deportivo ABANCA na Primera Iberdrola

02/09/2019 11:40

O Deportivo ABANCA arranca mañá martes a semana de adestramentos de cara ao debut na Primera Iberdrola, este domingo 8 de setembro (12:00 horas) en Abegondo ante o RCD Espanyol.

Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo 5 sesións de adestramento con este calendario, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Luns 2 de setembro
Descanso

Martes 3 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 4 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 5 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 6 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 7 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 8 de setembro
12:00: Deportivo ABANCA - RCD Espanyol, en Abegondo