RCD / NOVAS

Sidnei e Andone, espello da felicidade do vestiario deportivista

06/12/2016 00:46

Sidnei, hoxe capitán, e o pichichi Florin Andone foron os protagonistas na zona mixta do Estadio de Riazor.

O central brasileiro manifestou estar contento "pola vitoria do equipo. Sabiamos da importancia do partido. E feliz por marcar o meu primeiro gol co Deportivo".

Explica a celebración do quinto gol, nunha piña todos os futbolistas co banco, porque "sabemos o que traballamos para facer partidos como o de hoxe".

Lembra que nos últimos partidos "estabamos a facer un bo traballo pero non estaban a chegar os resultados".

Pola súa banda, Florin Andone, bigoleador esta noite, apuntou que "esta afección que sempre estivo connosco e que vai estar connosco ata final de tempada merecíase unha vitoria así. Creo que o equipo fixo un partido fantástico".

No persoal, confesou estar "moi contento porque os xogadores, no meu caso os dianteiros vivimos dos goles. Estou moi feliz por estar nunha serie positiva".

A piña na celebración do quinto tanto, a xuízo de Andone, é debido a que "somos un equipo todos unidos, unha pequena familia. Mereciamos gañar. Fixemos moitos méritos e deunos as costas o fútbol".

Máis novas de: SIDNEI, ANDONE