RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei pide o domingo "ter tranquilidade, xogar con intelixencia"

Sidnei Rechel compareceu ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "Temos que estar moi fortes para alcanzar o noso obxectivo que son os tres puntos", apunta o defensor deportivista sobre o partido deste domingo 18 de decembro en Riazor (18.30, Bein Sports).

Sobre o Osasuna, rival desta fin de semana, comentou que "temos que ter moito coidado porque ten grandes xogadores. Temos que facer o noso traballo para conseguir a vitoria".

Cre que un triunfo o domingo "daríanos tranquilidade na clasificación. Sabemos a maneira que temos de encarar ese partido porque é moi importante para nós".

Advirte o central brasileiro que para iso "hai que buscar a vitoria desde o primeiro ao último minuto. Ter tranquilidade, xogar con intelixencia e facer o noso traballo".

Asegura Sidnei que o equipo está preparado para o domingo, "temos un gran grupo. Aqueles que salten ao campo estarán moi fortes para lograr o obxectivo".

Laméntase dos golpes que recibiu o equipo nos últimos minutos dos últimos partidos. "Dóenos porque facemos un gran traballo durante noventa minutos e logo sofres un gol no último minuto. Temos que seguir, crecendo cada vez máis", subliña.

Está de acordo con Florin Andone, quen onte en rolda de prensa indicou que o Dépor ten equipo para estar entre os dez primeiros da liga: "Podemos facer moi boa temporada. Estamos a demostrar iso nos partidos. Pero temos que transformar o xogo en puntos".

Finalmente, sobre a súa renovación, confía en que "este ano o deixemos todo arranxado".