RCD / NOVAS

Sobresaliente sábado de torneos amigables en #ANOSACANTEIRA

28/12/2019 21:49

Un total de 4 equipos de #ANOSACANTEIRA fan un parón nas súas vacacións do Nadal co fin de disputar torneos tradicionais nestas datas.

Mañá domingo, o Infantil A pelexará pola medalla de bronce da Aragón Cup, o Alevín A xoga os cuartos de final da Copa Integra Enerxía en Oviedo e o Benxamín A participa no Torneo do Laracha CF de categoría alevín.

Finalmente hoxe sábado, o Alevín B foi 5º no Torneo de Nadal Concello de Vigo.

Final de consolación para o Infantil A na Aragón Cup 2019

O Infantil A, que pechou 2019 como líder sólido do grupo norte da liga Galega, disputa en Huesca a Aragón Cup 2019.

O conxunto deportivista pelexa mañá polo bronce, a partir das 11:00 ante o RC Celta, no primeiro derbi galego infantil desta temporada que se disputa a 1.000 quilómetros de distancia de Galicia.

O calendario do Infantil A, co resultado dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 27 de decembro
STADIUM CASABLANCA 0 - INFANTIL A 1 (Iraitz Casal)
INFANTIL A 11 (Mesfin -2-, Iraitz Casal, Carballo -2-, Noé, Diego, Héctor, Memet, Óscar e Álex) - SD HUESCA C 0

Sábado 28 de decembro
Segunda Fase
INFANTIL A 1 (Juan) - SD HUESCA A 0
INFANTIL A 0 - VALENCIA CF 3

Domingo 29 de decembro

Partido polo terceiro e cuarto posto
11:00: INFANTIL A - RC CELTA

O Alevín A xoga mañá os cuartos de final na Copa Integra Enerxía en Oviedo

O Alevín A compite hoxe sábado e mañá domingo na Copa Integra Enerxía en Oviedo.

O conxunto deportivista superou con sobresaliente a Primeira Fase e disputa mañá os cuartos de final, a partir das 11:20.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de decembro
ALEVÍN A 3 (Íker -2- e Anxo) - CD COVADONGA 0
ALEVÍN A 11 (Pablo -2-, Leandro -2-, Lucas -2-, Xabi, Marcos, Rubén, Balbas e Diego) - CD MONTEVIL 0
ALEVÍN A 4 (Balbas, Leandro, Lucas e David) - REAL VALLADOLID 1
ALEVÍN A 1 (Diego) - TSK ROCES 1

Domingo 29 de decembro
Cuartos de final
11:10: ALEVÍN A - ASTUR CF

O Alevín B acaba 5º clasificado en Vigo

O Alevín B finalizou na 5ª posición do 4º Torneo Internacional de Nadal Concello de Vigo, que se celebrou hoxe sábado 28 de decembro no campo Pahíño en Navia (Vigo).

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
RC CELTA 2 - ALEVÍN B 2 (Nico e Joan)
PABELLÓN OURENSE CF 4 - ALEVÍN B 0

Partido polo 5º e 6º posto
ALEVÍN B 1 (Íker) - CD LUGO 1. A penaltis: 3-2

Reto para o Benxamín A mañá domingo 29 no torneo alevín do Laracha CF

O Benxamín A afronta mañá domingo 29 de decembro un bonito reto, a súa participación na 9ª edición do Torneo do Laracha CF para categoría alevín, competición que se xoga no Municipal de Laracha.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo C, co Orillamar SD, Atlético Arteixo e Sporting Coruñés SD.

O calendario de partidos do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO
12:30: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A
14:30: BENXAMÍN A - SPORTING CORUÑÉS SD

Os 2 primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.