RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Talleres Arteixo, patrocinador de Borja Granero para a Temporada 2021-2022

Borja Granero recibiu esta tarde en ABANCA-RIAZOR a súa camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña: Arteixo Maquinaria. Talleres Arteixo é un referente no seu sector, unha empresa familiar, fundada en 1978 e vinculada desde as súas orixes á maquinaria. Comezou como taller de reparación até chegar a ser unha das primeiras empresas en introducir e afianzar o mercado do aluguer en Galicia. Hoxe en día, abarcan todo o proceso de comercialización, mantemento e reparación de maquinaria e medios auxiliares, destinada a construción, obra pública, industria e eventos.

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR. É o caso de Talleres Arteixo, patrocinador do Dépor-Badaxoz de mañá ás 19:00 h. no Estadio Deportivista.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Os Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es