RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Tarde goleadora do Orzán SD Cadete Feminino ante o PM Friol

O Orzán SD Cadete Feminino non deu tregua (10-0) ao PM Friol en partido correspondente á 4ª xornada no subgrupo A da Liga Galega.

Ánxela Prado -4-, Lucía González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Valeria Montero -2- e Sofía Rodríguez foron as goleadoras orzanistas nun partido de clara cor coruñesa.

Con este folgado marcador, o equipo que dirixe Abel Sánchez é 2º na táboa con 9 puntos, a 3 puntos de distancia e un partido menos que o líder, o Obradoiro, xa con 12 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza Pérez, Paula Martínez, Daniela Basalo, Alexia Freire, Candela González, Emma Gandoy, Mica Baratelli, Candela Fernández, Lucía González, Ánxela Prado e Sofía Paz. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Nadia Longueira, Sofía Rodríguez, Valeria Montero e Valentina Millón.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe no seu campo ao Victoria CF.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Feminino son os seguintes:

SD Xuventú de Aguiño - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Candela Fernández -2-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Maca González, Laura Santos, Emma Gandoy, Nadia Longueira e Sofía Paz)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Lucía González -2-, Emma Gandoy -2-, Paula Martínez, Candela González, Ánxela Prado -3- e Candela Fernández) - Bergantiños CF 0
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Ánxela Prado -4-, Lucía González, Emma Gandoy, Candela Fernández, Valeria Montero -2- e Sofía Rodríguez) - PM Friol 0