RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Temos que afrontar a competición con humildade e traballo", di Pablo Marí na súa presentación

Pablo Marí Villar (Almussafes, Valencia, 31 de agosto de 1993) foi presentado esta mañá como novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada, cedido, con opción de compra, polo Manchester City. Precisamente Carmelo do Pozo, Director Deportivo do Club, aclarou que "a vantaxe para nós é que vén cedido cunha opción de compra. Oxalá esteamos a gusto as dúas partes e póidase facer efectiva. Hai matices nesa opción de compra, matices internos que ao City tampouco lle gusta darlle publicidade".

Após o pousado no campo 1 acompañado por Carmelo do Pozo, o novo central deportivista púxose a disposición dos medios de comunicación na sala de prensa.

En primeiro lugar quixo dar as grazas ao Club "pola aposta que fixeron en min. Veño con moitísimas ganas, con moitísima ilusión. Vir a un Club histórico creo que a calquera futbolista danlle ganas de facer grandes cousas aquí".

Na súa opinión, "o gran obxectivo que temos todos é chegar ben ao primeiro partido de liga. Creo que arrincar ben e máis nesta competición daranos moitos puntos para aos poucos ir sumando".

Apunta que no vestiario "todo o mundo sabe ao Club ao que chegou. É un Club moi importante, histórico na liga española. A responsabilidade é común dentro deste vestiario que temos que saber levar con certa tranquilidade. É moi importante levar esta competición con humildade, sabendo que este escudo é moi grande. Competir con moitísimas ganas como seguramente farán os recentemente ascendidos. Con humidad e traballo é como temos que afrontar este ano a competición".

Reitera que chega á Coruña "con moitísimas ganas, a tentar achegar o meu granito de area ao equipo, tentar demostrarlle ao Club que podo estar aquí xogando; con esas ganas e esa ilusión de chegar a un Club histórico e devolvelo á categoría que lle toca".

Conta que o seu paso polo NAC Breda holandés a temporada pasada: "Foi un ano futbolísticamente a enmarcar. Foi un cambio na miña vida. A experiencia foi moi boa. Puxéronme capitán desde a primeira semana. A min deume moitos puntos para coller confianza. Viña do Girona de non xogar".

Propiedade do Manchester City, explica Pablo Marí que estando no Nástic, "o último ano alí decidimos facer un cambio de aires. Entrou o Manchester City polo medio. Fichoume, cedeume ao Girona. Non tiven a sorte de xogar. Ao final co City temos moi boa relación. Sempre tentan buscarme a mellor solución. Este ano vimos cedidos por un ano. Vou tentar estar aquí os máximos anos posibles".

Iso si, subliña que "para min agora mesmo o meu Club é o Deportivo e non o City. Así que a dalo todo por este escudo".