Teresa Abelleira catapulta a España Sub 19 á súa quinta final europea consecutiva
As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira están en Suíza coa selección española, na defensa do título de campioas de Europa sub-19.
Teresa foi a gran protagonista hoxe venres 27 de xullo da semifinal fronte a Dinamarca, no estadio de Biel/Bienne.
A centrocampista branquiazul anotou no minuto 68 o tanto da vitoria (1-0) que derrotaba a unha potencia mundial como Dinamarca e que levaba a España á súa quinta final consecutiva, unha marca no mundo do deporte.
A gardameta deportivista Malena, titular o pasado martes fronte a Francia no partido decisivo da Fase de Grupos, esta vez non saltou ao terreo de xogo.
Nesa Fase de Grupos Teresa foi titular nos 3 choques e xogou completos os encontros ante Noruega e Suíza.
O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Fase de Grupos
Mércores 18 de xullo ESPAÑA 0 - NORUEGA 2
Sábado 21 de xullo SUÍZA 0 - ESPAÑA 2
Martes 24 de xullo FRANCIA 1 - ESPAÑA 2
Venres 27 de xullo Semifinal ESPAÑA 1 - DINAMARCA 0