RCD / NOVAS

Teresa e Malena viaxan hoxe luns ao Europeo coa Selección Española sub-19

16/07/2018 12:48

- Foto: www.sefutbol.es -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira viaxan hoxe luns 16 de xullo a Suíza coa Selección Española o Campionato de Europa sub-19, que se celebrará este mes de xullo.

A gardameta e centrocampista branquiazuis levan concentradas na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde o pasado luns 2 de xullo para preparar un torneo no que España defende título.

A competición terá lugar do 18 ao 30 deste mes no país helvético.

O calendario de España, encadrada no Grupo A da primeira fase, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
15:00: ESPAÑA - NORUEGA, no estadio Niedermatten (Wohlen)

Sábado 21 de xullo
18:15: SUÍZA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).