RCD / NOVAS

Tino Fernández: "Sentímolo polo deportivismo de todo o mundo"

29/04/2018 23:50

Após consumarse o descenso do Real Club Deportivo a LaLiga 1|2|3 o presidente do Club, Tino Fernández, compareceu en zona mixta.

"As primeiras palabras son para dicir que o sentimos por toda a xente do Deportivo, da cidade, o deportivismo de todo o mundo, sentímolo de corazón. Doutra banda, empezar a pensar en que mañá ou hoxe mesmo pode ser o primeiro día do novo proxecto que ten que devolver ao Deportivo a Primeira División".

O presidente comparecerá nos próximos días para analizar a actualidade do Club pero a súa primeira reflexión foi que "o descenso é un proceso, non un accidente que ocorre inesperadamente. Empeza coas primeiras decisións equivocadas e con múltiples execucións ao longo da temporada. Espertamos demasiado tarde. Pero non hai que pór escusas, todos os anos baixan o tres peores e este ano, contra todo prognóstico, somos o terceiro peor", concluíu.

Máis novas de: TINO FERNÁNDEZ