RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico en Abegondo esta mañá para o primeiro equipo

O primeiro equipo tivo esta mañá traballo táctico no campo 3 da cidade deportiva, con ensaio de movementos e accións a balón parado, coa fin de preparar o partido deste luns 5 de decembro en Riazor ante a Real Sociedad (20.45, Gol TV).

Un quecemento previo e uns rondos iniciaron o traballo sobre o céspede, de menor intensidade hoxe, habitual dous días antes de cada partido.

Mañá domingo, o equipo está citado en Abegondo ás 10.30 horas na última sesión previa ao Deportivo - Real Sociedad do luns en Riazor.