RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA compiten na prestixiosa IberCup de Portugal

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA (Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín), participan nesta semana Santa na IberCup de Estoril (Portugal).

O Infantil quedou encadrado na Primeira Fase no grupo F, con estes rivais: CD Panther Force, CF Os Unidos e GD Estoril Praia B.

O calendario inicial é o seguinte:

Mércores 13 de abril

15:55: INFANTIL - CD PANTHER FORCE, no campo de Jamor (Oreiras)

Xoves 14 de abril

18:00: INFANTIL - CF OS UNIDOS, en Estoril

Venres 15 de abril

10:45: GD ESTORIL PRAIA B - INFANTIL, en Trajouce

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o Benxamín A mídese no grupo C da Primeira Fase a CF Os Belensenses A, CF Os Unidos, FC Outurela e SL Olivais.

O calendario é o seguinte:

Mércores 13 de abril

17:15: BENXAMÍN A - CF OS BELENENSES A, en Jamor

Xoves 14 de abril

14:45: CF OS UNIDOS - BENXAMÍN A, en Jamor

16:25: BENXAMÍN A - SL OLIVAIS, en Jamor

Venres 15 de abril

10:35: FC OUTURELA - BENXAMÍN A, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín medirase no grupo C da súa categoría ao Portimonense SC, SL Olivais e Associaçao da Torre; con este calendario:

Mércores 13 de abril

16:25: FABRIL FC BENXAMÍN - PORTIMONENSE SC, en Jamor

Xoves 14 de abril

16:25: FABRIL FC BENXAMÍN - SL OLIVAIS, en Jamor

Venres 15 de abril

11:30: ASSOCIAÇAO DA TORRE - FABRIL FC BENXAMÍN, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

O Alevín A xoga o martes o Torneo da Erizana CF en Baiona

O Alevín A branquiazul participa esta semana Santa, concretamente o martes 12 de abril, na X edición do Torneo que organiza a Erizana CF de Baiona (Pontevedra) no campo de fútbol Val do Martín.

O conxunto branquiazul terá estes rivais na Primeira Fase: UD Ribeira, AD Vila do Corpus e Racing de Ferrol.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

10:25: ALEVÍN A - RACING DE FERROL

11:15: AD VILA DO CORPUS - ALEVÍN A

12:30: UD RIBEIRA - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados e o tres mellores terceiros do seis grupos accederán a oitavos de final, que se xogan a partir das 14:00 horas.

Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín, mañá en Lugo

Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín abren mañá luns 11 de abril unha Semana Santa infestada de competicións amigables para practicamente todos os equipos de #ANOSACANTEIRA.

Será con motivo do Torneo de Semana Santa que organiza o ADC Sagrado Corazón nos campos José María Rodríguez Lago (As Gándaras, Lugo).

O Fabril FC Alevín quedou emparellado no grupo B da Primeira Fase co CD As Pontes, UD Ourense e ACD Piringalla.

O calendario fabrilista é o seguinte:

11:00: FABRIL FC ALEVÍN - CD AS PONTES
13:00: UD OURENSE - FABRIL FC ALEVÍN
15:30: FABRIL FC ALEVÍN - ACD PIRINGALLA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincarán ás 17:15.

Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín terá a estes rivais no grupo B da Primeira Fase: SDCyR Naron O Freixo, ADC Sagrado Corazón e ED Xuventude de Oroso.

O calendario do equipo branquiazul é o seguinte:

11:00: FABRIL FC BENXAMÍN - SDCyR NARÓN O FREIXO
13:00: ADC SAGRADO CORAZÓN - FABRIL FC BENXAMÍN
15:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, a partir das 17:15.