RCD / NOVAS

Triunfo hoxe en amigables do Alevín B e do Benxamín B, que xoga tamén o sábado a Kempen Cup en Alemaña

07/05/2019 20:58

Alevín B e Benxamín B, que participa o sábado na Kempen Cup de Alemaña, disputaron hoxe un partido amigable en Abegondo ante os respectivos equipos do EFM Concello de Boiro.

Mañá mércores, a quenda será para un equipo infantil do Dépor, co Viveiro CF como rival.

O EFM Concello de Boiro, convidado esta tarde en Abegondo

Alevín B e Benxamín B disputaron, e gañaron, esta tarde un amigable en Abegondo ante os respectivos equipos do EFM Concello de Boiro.

Mañá mércores, a quenda será para os infantís do Dépor ante o Viveiro CF.

O calendario, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 7 de maio

ALEVÍN B 7 (Rubén Trillo -2-, Diego -2-, Pablo, Eder e Anxo) - EFM CONCELLO DE BOIRO 1

BENXAMÍN B 8 (Pablo -3-, Esteban -3-, Rodrigo e Lucas Vázquez) - EFM CONCELLO DE BOIRO 4

Mércores 8 de maio

19:00: DEPORTIVO (infantil) - VIVEIRO CF (campo 4)

Rivais franceses e alemáns para o Benxamín B na Kempen Cup de Alemaña

O Benxamín B arrinca este sábado 11 de maio a Kempen Cup 2019 na localidade alemá de Kempen.

Na Primeira Fase, con partidos de 14 minutos de duración, o conxunto deportivista terá un rival francés, o FC París; e dous alemáns: TuS Hornau F e VfB Kirchellen '1920'.

O calendario de partidos inicial é o seguinte:

10:17: BENXAMÍN B - VfB KIRCHELLEN

10:51: FC PARÍS - BENXAMÍN B

11:42: TuS HONRAU F - BENXAMÍN B

Segundo clasificación, os equipos accederán despois a unha Segunda Fase.

O Dépor, presente no Trofeo Città dei Motori en Italia de categoría infantil

Un equipo infantil do Deportivo disputa a fin de semana a 6ª edición do Trofeo Città dei Motori, que se xoga na localidade italiana de Maranello.

O Dépor terá como rivais na Primeira Fase ao Standard de Lieja, AS Roma e Torino FC.

O calendario de partidos do conxunto branquiazul é o seguinte:

Sábado 11 de maio
09:15: DEPORTIVO - STANDARD LIEJA
16:35: AS ROMA - DEPORTIVO

Domingo 12 de maio
9:00: TORINO FC - DEPORTIVO

Segundo clasificación, os equipos acceden á Fase Final, que comeza ás 14:45 horas.