RCD / NOVAS

Triunfos hoxe mércores nos amigables dos xuvenís e cadetes branquiazuis

14/08/2019 22:15

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA (Fabril, Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A) teñen cita amigable esta semana, desde hoxe mércores 14, xornada que se pechou con 4 partidos.

Os triunfos foron hoxe branquiazuis, en partidos para dar minutos de xogo a todos os cadros e mesmo ver en acción a futbolistas a proba.

Haberá ademais a fin de semana torneos amigables para o Deportivo ABANCA B (en Vilalonga); Xuvenil A (en Narón); Xuvenil B (en Viveiro); Cadete A (Monforte de Lemos); e Cadete A e Infantil A (en Ponteareas).

O calendario semanal de partidos amigables e torneos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
ATLÉTICO ASTORGA CF - FABRIL, o sábado 17 de agosto ás 19:00 no campo de La Eragudina de Astorga

Categoría feminina
Trofeo Pescamar, no campo Novo San Pedro (Vilalonga)
VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 17 de agosto ás 19:00

Categoría xuvenil
UD PAIOSACO HIERROS AÑÓN 0 - XUVENIL A 3 (Padín, Portas e Urdiales)

Torneo Sinde's Cup, no campo do Val en Narón
Domingo 18 de agosto
Semifinal
10:30: SELECCIÓN DE FERROL SUB-19 - XUVENIL A
17:30: Final de Consolación; ou 19:00: gran final

XUVENIL B 2 (Nájera e Nils) - URAL CF A 0

Memorial Marcos Gómez no campo Marcos Gómez - O Cembedo (Viveiro)
Sábado 17 de agosto
11:00: XUVENIL B - VIVEIRO CF (sub-21)
12:00: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO
19:00: URAL CF - XUVENIL B

Categoría cadete
CADETE A 3 (Hugo Baldomar -2- e Pablo Trigo) - CD BOIRO A (xuvenil) 0

Memorial Jacobo Díaz Camino, na Pingüela (Monforte de Lemos)
Sábado 17 de agosto
Semifinal
18:30: CADETE A - CP CALASANCIO (xuvenil)
19:30: Terceiro ou cuarto posto; ou 20:30: gran final

Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
10:30: PONTEVEDRA CF - CADETE A
12:00: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
17:30: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
O campión de grupo xoga a final (20:00 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas)

CADETE B 4 (Sierra, Fernando -2- e Matos) - IMPERÁTOR OAR 0

Categoría infantil
Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
11:15: INFANTIL A - FC PORTO
14:15: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
16:45: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
O campión de grupo xoga a final (20:45 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas)