RCD / NOVAS

Última proba antes do Mundial para Celso Borges, mañá luns en Bruxelas

10/06/2018 21:03

Mañá luns 11 ás 20:45 horas, a Costa Rica de Celso Borges ten o seu último encontro de preparación antes do Mundial. Será ante outra potente selección, Bélxica, no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas.

Nos dous partidos anteriores de preparación, en San José ante Irlanda do Norte e en Leeds fronte a Inglaterra, o mediocentro deportivista disputou todos os minutos de xogo.

Onte sábado 9, Michael Krohn-Dehli mediuse a México con Dinamarca no Brøndby Stadion de Brøndby. Foi a última proba dos daneses, que dobregaron (2-0) aos mexicanos.

O mediocentro deportivista foi suplente e saltou ao campo no desconto do partido (minuto 91), en substitución de Christian Eriksen.

Este é o calendario de partidos, amigables previos e da fase de grupos mundialista, dos 5 deportivistas:

Celso Borges

Amigables
Xoves 7 de xuño
INGLATERRA 2 - COSTA RICA 0

Luns 11 de xuño
20:45: BÉLXICA - COSTA RICA, no estadio Rei Balduíno (Bruxelas, Bélxica)

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Michael Krohn-Dehli

Amigable
Sábado 9 de xuño
DINAMARCA 2 - MÉXICO 0

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Fabian Schär

Amigable
Venres 8 de xuño
SUÍZA 2 - XAPÓN 0

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Amigable
Mércores 6 de xuño
REPÚBLICA CHECA 1 - NIXERIA 0

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ismael Díaz

Amigable
Mércores 6 de xuño
NORUEGA 1 - PANAMÁ 0

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Máis novas de: BORGES, KROHN-DEHLI, SCHÄR