RCD / NOVAS

Última sesión en Abegondo antes de viaxar a Uruguai, con Guilherme xa no grupo

  O Dépor éntrenseó esta tarde, na última sesión en Abegondo antes de viaxar a Uruguai.

18/07/2016 19:35

A novidade foi a presenza de Guilherme, tras superar esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e asinar o seu contrato co RC Deportivo.
 
Tras un circuíto de forza con finalizacións, un exercicio de posesión e partidos en espazo reducido completaron a sesión, á que faltou Luís Fernández, con permiso do Club.
 
Mañá martes, o equipo ten previsto adestrarse ás 18.00 horas en Montevideo (23.00 horas en España).

Máis novas de: GUILHERME