RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vicente Gómez, na súa presentación: "O Dépor é un equipo de Primeira que por un momento está en Segunda"

José Vicente Gómez Umpiérrez (Las Palmas de Gran Canaria, 31 de agosto de 1988), foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor para as 3 próximas temporadas.

Após pousar coa camiseta branquiazul no campo principal de Abegondo, o novo centrocampista do Deportivo pasouse pola sala de prensa, acompañado polo Director Deportivo, Carmelo del Pozo.

Abriu o acto precisamente Carmelo, quen quixo antes de nada agradecer a Vicente "por apostar por nós. Foi unha situación que apareceu no transcurso da pretemporada. Ao principio era unha situación impensable. Cando se precipitou todo, o último día demostrou unha situación profesional e persoal que fai corroborar cento por cento a aposta por el. A palabra para el foi tan importante como o compromiso que non escribira".

Pola súa banda, Vicente Gómez explicou en primeiro lugar a súa chegada ao Dépor: "Necesitaba cambiar de aires. Carmelo chamoume, insistiume moito. O Dépor é un Club de Primeira, que por un momento está en Segunda. É un Club de Primeira División, cunhas instalacións moi boas, unha afección, unha gran cidade. O cambio era a mellor".

Confesa que o Director Deportivo branquiazul "contoume o que sucedía aquí. As cousas que se pensaban de min. Enseguida cativoume porque para min é un Club moi importante. As veces que vin xogar aquí sempre un pensa que podería ser un bo Club no futuro. Que se desen ese tipo de situacións foi un sinal para min. Era un bo momento para cambiar e un sitio bo para vir".

Cre que "na vida hai que saber elixir os momentos. Prefiro que me boten de menos a que me boten de máis. Era o momento de dar o paso para seguir crecendo tamén".

Insiste en que "se decidín vir aquí é por algo importante e que a xente valore iso. Estaba na miña casa, nun equipo que a priori pode ser importante tamén. Decidirme polo Dépor fai ver o moito que valoro este equipo e o moito que confío nas súas posibilidades de ascenso".

Lembra a última campaña nas Palmas, tamén saldada co descenso de categoría: "Como calquera outro Club que está nunha situación delicada, custou un pouco asimilar o descenso. A miña saída non tivo que ver con temas deportivos. Era unha sensación miña que debía de cambiar de Club. Apareceu o Dépor. Valoreino moito. Tiven algunha opción de ir a un equipo de Primeira. Pero para min este equipo é de Primeira que circunstancialmente está en Segunda. É un Club importante que me vai a axudar a crecer".

Confesou ter unha boa relación co ex capitán deportivista e tamén canario Juan Carlos Valerón. "Acórdome que moitas veces lle preguntaba sobre o Club e falábame das instalacións, a afección que era moi respectuosa, e iso ao futbolista canario gústalle moito. Esas cousas positivas pesaron moito na miña decisión", apunta.

Do partido de pasado venres en Albacete, Vicente Gómez dixo que "me gustou moito o equipo. É un equipo que transmite personalidade, quere ser importante, quere que se xogue ao que o equipo desexa. Ten o control do partido e gustoume bastante. Veño axudar. Xa falei co míster e a calquera situación do centro do campo véñome a acomodar pola forma de xogar do equipo. Espero que aos poucos poida conseguir un sitio e as miñas actuacións sirvan para que o Dépor some moitos puntos e estar arriba canto antes".