RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor e Lux insisten en que a salvación é o único obxectivo

  Víctor Sánchez do Amo e Poroto Lux coincidiron esta mañana en afirmar, na previa do partido de Xetafe (o meuércoles 30 de decembro, 20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), que o único obxectivo cla

"O que xa temos querémolo defender. Non queremos renunciar a nada, dentro dese obxectivo que repetimos unha e mil veces que é a permanencia. Coa actual puntuación, non a tes no peto", lembrou o técnico deportivista.

Engade que "a mellor maneira de achegarnos a ela é sumar tres puntos e ademais defender a posición que temos".
 
Da visita ao Coliseum Alfonso Pérez, opina Víctor que "é un campo difícil. O Xetafe adáptase ben a xogar neses ambientes fríos. É un campo que adoita estar duro, adoita xerar situacións na que os xogadores que non o coñecen ben se escorregan máis do que é costume. Eses pequenos detalles que moitas veces non se teñen en conta, é un deses campos que teñen influencia. Nós coñecémolo porque temos experiencia. Pero vai ser un partido difícil porque á parte destes pequenos detalles porque enfronte hai un equipo que traballa moi ben e que compite moi ben".
 
 
Pola súa banda, Poroto Lux insiste en que "o meu obxectivo e o do equipo está máis que claro, lograr a salvación canto antes. Non queremos saír dese discurso, que é o noso e é o obxectivo principal que temos".
 
O internacional arxentino admite que só "cando logremos matematicamente a salvación, veremos o que pasa máis adiante".
 
Iso si, subliña que "queremos estar o máis arriba posible. Ambición temos e ilusión tamén. Iso sabémolo ben. O obxectivo está aí e queremos seguir sumando para a salvación".
 
Desexa Lux "facer un bo partido" mañá mércores en Xetafe, "que o parón non nos pase factura, aproveitar os erros do rival e sacar un bo resultado. Pero sabemos que imos a un campo difícil e contra un equipo tamén bo".