RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor e o central Róber alertan da dificultade da eliminatoria

  Víctor Sánchez do Amo advirtió esta mañana na sala de prensa de Abegondo que as eliminatorias como este Mirandés - Dépor "xóganse a 180 minutos. No partido de ida (mañana o meuércol

Subliña o técnico deportivista que o Mirandés é "un equipo que tanto no seu campo como fóra compite igual. Os números en Segunda División aí están e así o demostran".

Confesa que no Club "hai moitísima ilusión nesta competición", pero lembra que "vai ser unha eliminatoria moi difícil. O Mirandés é un equipo que xa o está demostrando na competición en Segunda División é moi competitivo, que é capaz de darlle guerra a todo tipo de sistemas e de equipos, xa sexa no seu campo ou fóra".
 
 
Pola súa banda, Róber asegura que a pesar de militar o Mirandés en Segunda División, "o equipo non está confiado. Sabemos da dificultade do partido. É un equipo moi intenso e no seu campo é moi forte. Así que para nada confiados, estamos preparados".
 
A nivel persoal, di o capitán do Fabril estar "moi cómodo cos meus compañeiros, co míster, co estilo de xogo. Non me podo queixar e creo que saíron ben as cousas".
 
Do mesmo xeito que o técnico Víctor Sánchez do Amo, Róber ve ao equipo "moi ilusionado porque ademais hai un persoal moi competitivo. Esperamos poder competir ben nesta competición e chegar lonxe".